LEI ANTIESTAFA ÁS INQUILINAS
o que está en xogo (e por que a precisamos xa)
Un compromiso político que leva dous anos bloqueado
No outono de 2024, decenas de miles de persoas saíron á rúa en cidades de todo o estado para defender o dereito á vivenda. Un dos detonantes daquelas mobilizacións foi o bloqueo por parte de Junts per Catalunya dunha reforma da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU) que xa se coñecía como Lei antiestafas ás inquilinas.
Pasaron os meses. Chegaron as mobilizacións do 5 de abril de 2025 e a nova oleada de manifestacións desta primavera. Así a todo, a Lei segue atascada. Desta volta, quen a bloquea é o PSOE.
Antes de que o Congreso dos Deputados se disolva —xa sexa por convocatoria electoral, por unha moción parlamentaria en 2026 ou polo fin de lexislatura— esiximos que os políticos fagan o seu traballo.
Precisamos unha Lei antiestafas que tape os buratos da actual Lei de Vivenda e nos permita gañar máis dereitos.
Tamén esiximos: unha nova prórroga dos alugueiros
En calquera paquete de medidas sobre vivenda debe incluirse unha prórroga dos contratos de alugueiro en todo o territorio do estado español, como foi o Real Decreto-lei 8/2026.
Aínda que as prórrogas que se pediron o mes que estivo en vigor o decreto son válidas, hai moitas familias que non puideron acollerse a elas.
Ademáis esiximos que inclúa o dereito a acollerse tamén a aquelas persoas inquilinas que estén en tácita recondución (é dicir, que seguen vivindo no piso sen contrato firmado, coas mesmas condicións anteriores).
Abonda xa de precariedade contractual!
LEI ANTIESTAFAS EXPLICADA DE FORMA SINXELA
1. FIN DO CONTRATO DE ALUGUEIRO BASURA
Contrato de tempada
- Se non se xustifica a súa causa real ou se renova sucesivamente, convertirase automáticamente nun contrato habitual.
- O seu prezo estará topado como o do alugueiro habitual en zonas tensionadas.
- Os honorarios os pagará a propiedade.
Contrato de habitacións
- Duración mínima de 5 ou 7 anos.
- O seu prezo estará topado como o do alugueiro habitual en zonas tensionadas.
- Os honorarios tamén os paga a propiedade.
2. MÁIS DEREITOS PARA AS INQUILINAS
IBI
- Prohíbese expresamente que o propietario cobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) á persoa inquilina.
- Tampouco os gastos de comunidade cando o edificio sexa dun mesmo propietario.
Gastos encubertos
- Prohíbese o cobro de gastos como:
- Visitas á vivenda
- Asesoramento obrigatorio ao inquilino
- Seguros de impago
- Calquera outro gasto inventado que intente saltarse a lei
Conservación da vivenda
- A inquilina terá dereito a descontar do pago da renda aqueles gastos de conservación de elementos de habitabilidade no caso de que a inquilina requirira ao caseiro a súa reparación e este non contestara. Para isto é preciso que se emitira un presuposto da reparación e o caseiro non contestara no prazo de 15 días (por exemplo, se a caldeira está rota e o caseiro non a repara ou goteiras).
Fianza
- No acto de entrega de chaves, debe deixarse constancia do estado da vivenda no momento da devolución ao arrendador. Se non se establece nese momento que danos existen, deberase devolver a fianza íntegra ao inquilino.
Prórrogas automáticas
- Amplíase a prórroga automática de 3 anos para aqueles contratos firmados antes da Lei de Vivenda de 2023 en zonas tensionadas.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis info, podes consultar este documento
