AFÍLIATE

O sindicalismo inquilino ten que recuperar un dos instrumentos clásicos do asociacionismo obreiro: a afiliación.

Afiliarse a un sindicato non é unha transacción económica na que se paga a cambio duns determinados servizos individuais. É un acto de solidariedade coa loita colectiva e social. Combater o rendismo require, entre moitas outras cousas, dunha capacidade económica propia, non suxeita a subvencións de institucións públicas ou entidades privadas. Xogámonos a nosa independencia.

Afiliarse é tamén un acto de organización. Grazas á afiliación aseguramos que a información esencial das nosas actividades chegue a todas as persoas que forman parte do sindicalismo de inquilinas e permítenos facilitar que as inquilinas nos poñamos en contacto entre nós segundo o noso territorio de residencia ou o rentista ao que pagamos o noso alugueiro.

Por último, afiliarse é unha maneira de contarnos e permitir que a nosa forza medre. Non é o mesmo negociar ti soa co teu rentista que organizar unha loita colectiva a través dun sindicato. Na unidade e en sermos maioría é onde reside a nosa forza.

No formulario de afiliación, no caso de que no teu municipio xa exista un sindicato activo, serás redirixido á súa web de afiliación propia. Afíliate alí. No caso contrario, o procedemento continuará desde esta web.

Ofrecemos 3 tipos de cotas de afiliación. Todas permítenche participar activamente na nosa organización e outorgan os mesmos dereitos. A cota sindical é a cota estándar. Tamén podes escoller a cota de apoio se podes permitirte un esforzo económico para reforzar aínda máis a acción sindical e o seu impacto, ou a cota social se estás nunha situación económica máis axustada.

Ata que desenvolvamos todas as capacidades de defensa da Confederación de Sindicatos de Inquilinas, a afiliación non implicará asistencia xurídica por parte de avogados, aínda que terás o noso apoio sindical.

Para afiliarte, introduce o teu código postal.