O Decreto Inquilino
Que ten que incluír o novo decreto da vivenda?
O goberno anunciou que aprobará un novo decreto sobre vivenda este mes de xullo. Aínda non se sabe o contido exacto mais sí as liñas mestras. Pola súa parte, en rolda de prensa, o goberno anunciou que incluirá alo menos seis medidas que combinan dereitos inquilinos con cesións directas ao lobby inmobiliario.
Ante esta situación, a Confederación de Sindicatos de Inquilinas, esixe un decreto inquilino que avance cara o dereito á vivenda sen panos quentes.
El Decreto del gobierno vs. el Decreto Inquilino.
O Decreto do Goberno
O Decreto Inquilino
Regulación do aluguer de tempada e por habitacións.
Prórroga extraordinaria dos contratos de aluguer.
Baixar os impostos aos rendistas.
Posibles limitacións á actualización anual dos alugueiros.
O goberno propón un posible tope nas actualizacións anuais dos contratos vixentes.
Suba do IVE ao 21% para vivendas do uso turístico.
Medidas de “axilización administrativa”.
Modificación das normativas urbanísticas que poden facilitar os pelotazos urbanísticos.
A trasnada do contrato por escrito.
O goberno propón esixir por lei que todo arrendamentos conste no documento escrito, invalidando de facto o contrato verbal.
Ningunha medida para parar os desafiuzamentos.
Aprobación da Lei Antiestafas Inquilina, redactada hai máis de dous anos polos Sindicatos, que inclúe a regulación dos contratos de tempada e habitacións e tamén garantías contra as estafas coas fianzas, honorarios e reparacións.
Recuperación das prórrogas como medida de emerxencia, pero incluíndo os contratos en tácita recondución.
Eliminar todo o tramo de dedución fiscal aos rendistas que non baixen o alugueiro ao índice en todo o territorio do estado.
Conxelación total dos alugueiros.
Aplicar unha actualización do 0% como se fixo na cidade de Nueva York. Aplicar unha porcentaxe de suba sobre uns prezos de saída que xa están inflados artificialmente e, por riba da capacidade salarial das familias, é consolidar o abuso e lexitimar a perda de poder adquisitivo da clase traballadora.
Eliminación das vivendas de uso turístico.
As vivendas deben ser para vivir. Rexeitamos a lóxica de que pagar máis impostos lexitime a expulsión das veciñas.
Acelerar o parque de vivenda pública.
Axilizar administrativamente os procesos de compra e construción de vivenda pública, priorizandoos sobre os proxectos con ánimo de lucro e respectando os criterios medioambientais.
Crear un rexistro de vivendas baleiras de grandes posuidores para forzar a súa cesión en réxime de alugueiro social.
Perseguir a vulneración dos dereitos.
Os rendistas impoñen cláusulas abusivas nos contratos verbais e escritos. Invalidar o contrato verbal é profundamente lesivo para as inquilinas mais desprotexidas ( como as persoas en situación irregular) e abre a porta a desafiuzamentos por precario. A solución é perseguir a vulneración dos dereitos en todos os contratos e un réxime sancionador claro para os arrendadores que non depositen as fianzas.
Recuperación e ampliación da moratoria antidesafiuzamentos.
Esiximos a paralización causal e inmediata de todo desafiuzamento de vivenda habitual sen alternativa habitacional real, digna e estable. Xa comezaron a executar os 60.000 desafiuzamentos de familiar vulnerables sen alternativa habitacional protexidas pola moratoria anterior.
REIVINDICACIÓNS
A Confederación de Sindicatos de Inquilinas temos o horizonte de organizar unha folga xeral para conquistar, de unha vez por todas, o dereito a vivenda.
1. Contratos de alugueiro indefinidos. Baixada dos alugueiros. Subida do salario e pensións mínimas a 1500 euros.
+
2. Expropiar aos grandes tenedores e crear un parque de vivenda fóra do mercado para acabar cos deshaucios.
E SE NO FAN CASO…
¡FOLGA XERAL!
O que podes facer ti.
Axúdanos a conseguir que o decreto do Goberno inclúa a Lei Antiestafas Inquilina. Asina a petición!
AFÍLIATE
AO SINDICATO DE
INQUILINAS DA TÚA CIDADE
O Decreto Inquilino
Que ten que incluír o novo decreto da vivenda?
O goberno anunciou que aprobará un novo decreto sobre vivenda este mes de xullo. Aínda non se sabe o contido exacto mais sí as liñas mestras. Pola súa parte, en rolda de prensa, o goberno anunciou que incluirá alo menos seis medidas que combinan dereitos inquilinos con cesións directas ao lobby inmobiliario.
Ante esta situación, a Confederación de Sindicatos de Inquilinas, esixe un decreto inquilino que avance cara o dereito á vivenda sen panos quentes.
O Decreto do Goberno
vs.
O Decreto Inquilino
1. Regulación do aluguer de tempada e por habitacións.
1. Aprobación da Lei Antiestafas Inquilina, redactada hai máis de dous anos polos Sindicatos, que inclúe a regulación dos contratos de tempada e habitacións e tamén garantías contra as estafas coas fianzas, honorarios e reparacións.
2. Prórroga extraordinaria dos contratos de aluguer.
2. Recuperación das prórrogas como medida de emerxencia, pero incluíndo os contratos en tácita recondución.
3. Baixar os impostos aos rendistas.
3. Eliminar todo o tramo de dedución fiscal aos rendistas que non baixen o alugueiro ao índice en todo o territorio do estado.
4. Posibles limitacións á actualización anual dos alugueiros.
O goberno propón un posible tope nas actualizacións anuais dos contratos vixentes.
4. Conxelación total dos alugueiros.
Aplicar unha actualización do 0% como se fixo na cidade de Nueva York. Aplicar unha porcentaxe de suba sobre uns prezos de saída que xa están inflados artificialmente e, por riba da capacidade salarial das familias, é consolidar o abuso e lexitimar a perda de poder adquisitivo da clase traballadora.
5. Suba do IVE ao 21% para vivendas do uso turístico.
5. Eliminación das vivendas de uso turístico.
As vivendas deben ser para vivir. Rexeitamos a lóxica de que pagar máis impostos lexitime a expulsión das veciñas.
6. Medidas de “axilización administrativa”.
Modificación das normativas urbanísticas que poden facilitar os pelotazos urbanísticos.
6. Acelerar o parque de vivenda pública.
Axilizar administrativamente os procesos de compra e construción de vivenda pública, priorizandoos sobre os proxectos con ánimo de lucro e respectando os criterios medioambientais.
Crear un rexistro de vivendas baleiras de grandes posuidores para forzar a súa cesión en réxime de alugueiro social.
7. A trasnada do contrato por escrito.
O goberno propón esixir por lei que todo arrendamentos conste no documento escrito, invalidando de facto o contrato verbal.
7. Perseguir a vulneración dos dereitos.
Os rendistas impoñen cláusulas abusivas nos contratos verbais e escritos. Invalidar o contrato verbal é profundamente lesivo para as inquilinas mais desprotexidas ( como as persoas en situación irregular) e abre a porta a desafiuzamentos por precario. A solución é perseguir a vulneración dos dereitos en todos os contratos e un réxime sancionador claro para os arrendadores que non depositen as fianzas.
8. Ningunha medida para parar os desafiuzamentos.
9. Recuperación e ampliación da moratoria antidesafiuzamentos.
Esiximos a paralización causal e inmediata de todo desafiuzamento de vivenda habitual sen alternativa habitacional real, digna e estable. Xa comezaron a executar os 60.000 desafiuzamentos de familiar vulnerables sen alternativa habitacional protexidas pola moratoria anterior.
REIVINDICACIÓNS
A Confederación de Sindicatos de Inquilinas temos o horizonte de organizar unha folga xeral para conquistar, de unha vez por todas, o dereito a vivenda.
1. Contratos de alugueiro indefinidos. Baixada dos alugueiros. Suba do salario e pensións mínimas 1.500€
2. Expropiar aos grandes teñedores e crear un parque de vivenda fora do mercador para rematar cos desafiuzamentos.